O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

 

Aunque se fale do Camiño de Santiago, hai que ter en conta que son varias as rutas polas que se pode facer o camiño santo. A máis transitada de todas elas e o chamado “Camiño Francés”, que entra en España por Roncesvalles atravesando as Comunidades Autónomas de Aragón, Navarra, La Rioja, Castilla y León e Galicia.

 

A ruta que afecta ó Concello de A Mezquita é a denominada “Ruta da Prata” ou “Ruta Mozárabe”. É o gran camiño que une, desde tempos inmemoriais, a Península de norte a sur. Tartesios, fenicios, gregos, romanos, cartaxineses, golos, árabes, cristianos, deambularon polas súas rutas mileranias. Terras fronteirizas e mesetas escalonadas que dende Cádiz e Sevilla ata Oviedo, pasando por Ourense ou Astorga, únense a través de este “outro” gran camiño. O traxecto desta ruta iniciase en Sevilla, existindo un so trazado ata Zamora, cidade na que se abren outras alternativas.

        

A que nos ocupa é o Camiño Sanabrés da Vía da Prata (ou Mozárabe), no momento que chega a Zamora sigue por os seguintes puntos: Tábara, Bercianos de Valverde, Villanueva de las Peras, Santa Marta de Tera, Rionegro del Puente, Mombuey, Puebla de Sanabria,Requejo, Padornelo, Lubían, A Mezquita, A Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Ourense, Tamallancos, Cea, Mosteiro de Oseira, Castro Dozón, Prado, Silleda, Bandeira, Puente Ulla e Santiago de Compostela.Ruta da Prata: A Canda-O Pereiro

 

         Centrándonos no término municipal de A Mezquita, a Ruta da Prata iníciase en Galicia no alto da Canda (cunha altitude de 1.213 m.), donde hai un escultura en forma de peregrino que invita a iniciar o descenso por unha cómoda pista. Pasados unha series de desvíos ben indicados chegase ao primeiro pobo galego, A Canda (significa lugar ou monte cheo de pedras), coñecida como A PORTA DE GALICIA, por ser a porta de entrada a Galicia pola meseta castellana. Seguindo o camiño pasase o lado da Igrexa de San Antonio (cuia festividade é o día 13 de Xuño).

 

Despois de pasar por prados, camiños asfaltados e carreteras (a Nacional 525), e seguindo o chamado “regueiro dos Santos” chegamos ao pobo da Vilavella (o nome refírese a que tivo de vila antigo, probablemente alto medieval), cunha zona ben dotada de servizos (temos unha gasolineira, un hostal e un bar). A travesía está marcada con cerámicas nos muros. Case ó final do pobo hai unha escultura que indica un camiño cun forte descenso. Na Vilavella topamos cunha igrexa e con unha capela.

 

A Igrexa de Santa María da CabezaIgrexa Virxe da Cabeza- Vilavella é unha edificación de pranta rectangular co presbiterio máis elevado e capelas adosadas. Os muros son de sillería. Na fachada destaca a porta, co arco de medio punto, e enmarcada con pilastras, dispondo ademais de fuso e frontón con hornacina no tímpano. Superiormente, aparece un óculo. Dispón de espadaña con dous arcos xemelgos con arquitrabes no tercio superior e frontón triangular agudo, con orificio circular. Queda rematada con unha cruz de ferro. Os muros laterais dispoñen de contrafortes. É de estilo neoclásico de interese comarcal e data do século XIX.

 

A Capela do Santo Cristo, é unha construción de pranta rectangular co presbiterio máis elevado. Na fachada aparece a porta co arco rebaixado, así como un ventanal con cornisas curvas – cóncavas. Os esquinais quedan rematados con pirámides de bolas. Destaca o campanario con catro arcos con machóns moldurados, con remates en base de pirámides de bolas e cunha cruz sobre o corpo trapecial con orificio. Esta capela é de estilo popular de interese comarcal, e data do século XVIII.

 

 

         Este tramo do Camiño da Prata vai por zonas de prados e nun punto do camiño hai unha zona de pradería que con seguridade estará anegado, por que así esta a maior parte do ano, o peregrino encóntrase cunha pequena calzada, finalizando o sendeiro nunha fonte que xa pertence ao seguinte pobo, O Pereiro (que se refire a un lugar onde abundan as pedras, como é o caso dos montes deste pobo).

 

         En O Pereiro non temos, igual que na Vilavella, servizos para o peregrino, aunque si temos hostais e restaurantes. Tamén se pode contar coa inestimable axuda dos veciños ante calquera duda sobre o camiño. Hai varios exemplos de arquitectura popular. Temos unha igrexa e unha capela.

 

         A Igrexa de San Pedro que é de pranta rectangular, con presbiterio máis elevado e ábside. Os muros son de sillería. Na fachada aparece unha porta con arco de medio punto, formado por grandes dovelas. Mostra arquitrabe no centro do frontispicio, así como espadaña con dous arcos xemelgos con arquitrabe no tercio superior prolongada no frontón triangular agudo, con remate de cruz de pedra. Na fachada sur aparece unha porta adintelada con frontón rústico semicircular con cruz e pirámides de bolas no tímpano, así como duas xanelas rectangulares. É de estilo popular e interese comarcal. Pertence ao século XIX.

 

A Capela Da Nosa Señora do Loreto. Capela A Nosa Sra.de Loreto- O PereiroÉ unha construcción de pranta rectangular, mostra un pequeno atrio formado por columnas tronco – cónicas ben labradas e cubertas. A Porta é de arco de medio punto con grandes dovelas. A espadaña arranca dun corpo formado por rampas en curvas cóncavas, mostrando un arco con listelas no tercio superior. Queda rematada por unha cruz de pedra sobre corpo de perfil trapecial con aletóns en onda. É de estilo popular de interese comarcal, e data do século XIX.

        

Esta capela ten unha importante transdencia dentro da historia do Concello de A Mezquita, por ser o punto de encontro do Camiño da Prata coa Ruta da Pana ou Ruta Bragantiña da que máis tarde falaremos.

 

En O Pereiro, o Camiño de Santiago cruza por todo o pobo, pasando por varias fontes (A Fonte das Charquelas). Xusto donde termina o pobo temos que destacar que o Camiño pasa por un espazo denominado “O Xogo dos Bolos”, que antigamente usaban os veciños do pobo. Hoxe en día xa non se pode xogar debido a que o camiño está arreglado.

 

 

A partir da saída de O Pereiro coménzase unha subida continua que finaliza no Alto do Cañizo (que xa pertence ao Concello de A Gudiña). Ata chegar a este alto atravesamos unha zona de monte baixo, moi desprotexida de árbores e a pesar do terreo irregular polo que se anda é seguro que o peregrino non se perde si segue as flechas amarelas que están por todo o camiño.

 

         Unha das cousas que se poderían facer para darlle importancia ao Camiño da Prata, sería millorar as fachadas das casas particulares que hai ao longo do camiño. As casas teñen as fachadas de pedra, pero están moi deterioradas. A maior parte das que están habitadas están reformadas pero as deshabitadas non están reformadas, e son casas que antigamente foron auténticos caseríos de chamativo porte e humildes pero atractivas construccións de corte popular. A maioria das casas teñen mais de 50 anos e os materiais utilizados foron de gran resistencia.

 

         Predomina a pranta de forma rectangular, e normalmente son de duas prantas: e pranta baixa e o primeiro pixo. Antigamente a pranta baixa utilizábase para uso agrícola e adega, na actualidade como garaxe e adega, pois para uso agrícola fóronse construindo establos nas aforas dos pobos. No primeiro piso é donde está a auténtica vivenda. Nestas vivendas destacan, como é natural, as clásicas galerías galegas.

 

         Últimamente coas axudas que a Xunta de Galicia ofrece para rehabilitación da Vivenda Rural avanzouse moito na reparación das vivendas antigas.