1. DESCRIPCIÓN XEOGRÁFICA Penedo dos 3 Reinos

         O Concello de A Mezquita ocupa unha parte da Comarca das Frieiras (formada polos Concellos de A Gudiña, Vilariño de Conso, O Riós e A Mezquita). O nome de “As Frieiras” débese as propiedades que na zona tiñan os monxes ou frailes “freires”. O municipio ten unha limitación xeográfica moi característica, denominada “O PENEDO DOS TRES REINOS”, sito no extremo sur oriental do municipio.

Ten unha superficie de 104,3 km2 e conta con unha poboación de dereito de 1.353 habitantes enclavada na zona suroriental da provincia de Ourense. Poboación que está repartida en dez núcleos: Manzalvos, Cádavos, Chaguazoso, Castromil, Esculqueira, A Mezquita, Santigoso, Vilavella, A Canda e O Pereiro.


         As características xeográficas, a grandes rasgos son as seguintes:

- Unha altitude media de 850 metros sobre o nivel do mar, con un releve moi accidentado.

- O clima é oceánico de montaña, de contrastes fortes, húmido e frío en inverno e seco e templado en verán. Estas condicións plásmanse na vexetación na que sobresaen grandes masas de “castiñeiros”, así como abedules, fresnos e sauces nas ribeiras e algúns pinares de repoboación forestal. Nas cumes domina o matorral.

- Temos no municipio unha densa rede fluvial tributaria do Douro portugués (os ríos mais importantes do Concello son: Pereiro, Chao do Porco, As Veigas, Cádavos).

- Os solos son pouco profundos, áridos con textura arenosa e forte erosión nas pendentes altas e sedimentación nos valles.

         A Mezquita é a porta de entrada a Galicia dende Castilla e Portugal. Isto refléxase no seu escudo. Temos unha línea férrea, Ourense – Zamora, estando a estación situada no pobo de Vilavella. Ademais de Autovía A-52 “Rías Baixas”, así como a Nacional 525.     

(Ver documento completo)