DANZA DAS CINTAS DE CÁDAVOS

 

         Trátase dunha tradición anterior á Guerra Civil ainda que é evidente a pegada que o réxime franquista deixou na evolución das cantigas e versos que adornan o baile das cintas, facendo alusión ás agresións sufridas polo patrimonio eclesiástico perante a contenda militar e queixándose dunha situación económica da que fan culpable ao réximen anterior.

 

         Máis alá da súa connotación política e social cabe destacar o seu marcada carácter relixioso, pois todo comenza cunha procesión de santos aos que se lle vai rendendo veneración con danzas e cantos ata chegar á igrexa. Logo faise a danza das trenzas coas oito cintas de outras tantas cores ás que cada unha recítaselle unha estrofa común tódolos anos, completada por uns versos que cada bailarín compón e recita segundo o seu inxenio; de ahí a gran de variedade de composicións que se poden atopar. Todo ista, xunto coa perda da memoria histórica evidente nas novas xeracións dificulta a recuperación total da tradición, ao igual que a imposibilidade de obter material escrito destacable.

 

         O BAILE EN SÍ:   Trátase dunha danza popular semellante aos bailes tradicionais galegos coa peculiaridade do uso dunhas fitas de cores ás que se lle van cantado versos cunha marcada connotación relixiosa polas súas alusións á Virxen e ao Sagrado Corazón. Logo cada danzarín tiña que compor él mesmo unha letanía que contaba máis que nada momentos e aconteceres da vida cotiá do pobo, sen esquencer o momento político que

 

se estaba vivindo. Os bailaríns acompañan a procesión relixiosa, indo catro a cada lado danzando e cantándolle á cinta que lle corresponde; ao remata-la misa faise a danza coas súas correspondentes cantigas. A todo isto podéselle unir a xente do pobo coas súas composicións (irónicas, cómicas, relixiosas,…). Outro aspecto destacable é a presencia dos cativos vestidos contraxes de cor branca simbolizando aos anxos participando na liturxea cos seus cantares.

 

         Ao fin do baile todo remata coa “disputa”, discusión de dous vellos compañeiros que despois dun tempo sen verse falan da situación do momento, sobre todo cun sentido político e social.

 

          CANTIGAS DAS CINTAS:

 

     Cinta de cor negra

 

Yo cojo la cinta negra, la cojo con gran disgusto

por ver que toda España está cubierta de luto.

Yo cojo la cinta negra, color que mucho entristece,

también la Virgen la llevó y a todos nos pertenece.

Oh corazón de Jesús! Amparo de pecadores, libra nuestra España querida de tiranos y traidores.

Han quemado las imágenes, destruyeron los conventos

al no poder hacer más ya deshicieron los templos.

Oh corazón de Jesús! Te quiero pedir un favor

que le des mucha salud a nuestro predicador.

Lo mismo p´al señor cura que es muy graciosos y

ha dicho la Santa Misa en este campo tan hermoso.

 

Cinta de cor dourada:

 

 Yo cojo la cinta dorada, color que poco me agrada,

porque dorado es el oro, condenación para el alma.

 

Outra forma:

Virgen de la Concepción, siendo de Dios tan amada

con vuestro permiso cojo la cinta dorada.

 

Cinta de cor azul

 

Azulados son los cielos y azulada la cinta mía

la que cojo con gran gusto en este señalado día

 

Cinta de cor "palliza"

 

 

Virgen de la Concepción, siendo de Dios tan querida

con vuestro permiso cojo la cinta pajiza.

 

Cinta de cor branca

 

Gracias a Dios y alabado, que mi pena ya no es tanta,

pues han dejado para mía la cinta blanca.

 

Cinta de cor verde

 

Yo cojo la cinta verde, que la verde es esperanza,

esperó la Virgen pura a que Cristo resucitara.

 

Cinta encarnada

 

Yo cojo la cinta encarnada, la cojo con ilusión

porque con ella está adornado el Sagrado Corazón

 

         Unha vez rematado todo o ritual da danza das fitas coas ´suas cantigas e o baile trenzado das oito cintas os participantes pasaban a presencias o que se coñecía como “disputa”, conversa – discusión realizada por dúas persoas simulando o reencontró entre dous vellos amigos separados pola emigración.

 

         Así recollemo-las notas empregadas nesta liorta verbal:

 

                   - Hola meu amigo Benito

                   - Hola meu tío Brais

…- E “lojo” que foi da túa vida que desde a última danza non te volvi a ver máis?

- Pois anduve pola Pampa desde el norte hata que al parar me dijeron que había danza eme volvía a embarcar.

- E xa falas “castejano” canto se aprende por la¡, pois aiqui solo o cura e o sarxento son os que o saben falar.

- El cura??, que me dices, ¡Que barbaridad!. Y ese señor de luto inda se acha para acá?. Pues allá no hay nada de eso… y el día que lo haya no habrá prosperidad.

- Eu áchome que falas mal e se me escoitas un pouco vaste a desenganar: Cando mandaban os cregos inda non nos iba tan mal, viña o consumo e a contribución e había con que pagar. As feiras valías máis e vendíase o gando por un precio regular e agora inda que queiras gañar algo non teis onte traballar.

 

 

Para onde marchará o diñeiro non me podo explicar nin que fora redondo que xa non quere roular.

- Falas coma un libro aberto, non te podo replicar.

- Desde que viñeron eses pillos botaron os cregos abaixo e nos deixaron a todos sin cadelas nos bolsillos, como sigan así as cousas nin poderemos merendar, desfarémonos das tripas e aprenderemos nomentres o oficio de subiar.

(Remata a disputa e bótanse todos a asubiar).

 

         Todo isto foi o que se puido recuperar das letras empregadas nos distintos cantares da festa. Entre os cantos sembrados tamén podemos resaltar algún que a xente decía a medida que ía transcorrendo a procesión cara o agro onde se realizaba a misa e os bailes.

         * “El Sagrado Corazón está lleno de emoción,

         en ver estos ocho danzantes que adoran su procesión”

        

         * “Virgen de la Concepción, que tienes todo el poder,

         Échale un candado a las nubes para que no pueda llover”.

        

         En canto ás cantigas das fitas cada ano íanse completando con aportacións dos danzaríns, que normalmente se actualizaban co acontecer diario do pobo ou da zona, sen pasar por alto os acontecementos políticos, religiosos e sociais, fontes principias de inspiración do inxenio popular.