A RUTA DA PANA 

 

         A Ruta da Pana ou Ruta Bragantiña ten o seu orixe en Bragança (Portugal). Alí cultivábase e tecíase o liño en grandes produccións, que servían para facer pana. Para a súa comercialización, o liño tiña como destino Barcelona, onde se confeccionaba para logo ser exportado ao Reino Unido. Esta Ruta partía de Bragança, pasaba por Vinhais, Moimenta e cruzaba a fronteira hispano – lusa, entre os pobos de Cádavos e Manzalvos, onde existía unha aduana, moi importante pola súa singularidade, ser o único paso fronteirizo do país adicado ao paso da pana. Despois a Ruta transcurría por Chaguazoso, pasaba polo centro do pobo de A Mezquita, xunto a Igrexa de San Martiño e o Campo do Toural, a Pena Maseira e xuntábase coa Ruta da Prata ao pé da Capela da Nosa Señora do Loreto en O Pereiro. Despois de seguir un tramo por esta vía, deixábana cara Viana do Bolo para chegar A Rúa e colle-lo ferrocarril cara Barcelona. Hoxe síguese utilizando esta ruta por peregrinos portugueses da zona para enlazar coa Vía da Prata. 

         Facemos unha breve referencia a todas as edificacións tanto relixiosas como histórico – culturais que temos durante a Ruta da Prata. 

  •  MANZALVOS: 

         - IGREXA DE SAN ANTONIO. De estilo románico, de interese nacional, sillería grosa en seco, data dos sécalos XII-XIII 

         - PAZO DA NOSA SEÑORA DAS CANDELAS. De estilo popular, sillería isódoma con emblemas heráldicos, data do século XIX. Un gran caserón en forma de “L” moi alargada con galería e un emblema heráldico de difícil interpretación, de pranta rectangular. A porta é adintelada sobre modretas, as xanelas son cuadradas, enmarcadas con bandas lisas. Superiormente queda rematada por unha cornisa.

 

  •  CÁDAVOS: 

         - CÁSA DOS CEBALLOS. De estilo popular, sillería, de principios do século XX. Antiga casa señorial moi modificada.Casa dos Ceballos- Cadavos

É un edificio de dous pisos e pranta rectangular e cuberta a base de pizarra. Na fachada destaca unha gran porta con arco rebaixado, formado por grandes dovelas e amosa blasón na parte superior. A cada lado aparecen duas xanelas alargadas verticalmente adinteladas e molduradas con filetes na parte superior. 

         - IGREXA DE SANTA MARIA MAGDALENA. Estilo neoclásico popular, sillería. Dos séculos XVIII-XIX. Ten un calvario pintado e unha Cruz de bronce do século XVII. De pranta rectangular co presbiterio máis elevado. Na fachada destaca a porta adintelada, de construcción posterior, baixo un arco de grandes dovelas, encuadrada ao mesmo tempo por duas columnas con capiteles e frontón rectangular e muros de grosa sillería en seco. 

 

  •  A MEZQUITA: 

         _Igrexa San Martiño- IGREXA DE SAN MARTIÑO. Data do ano 1.712, obra de Simón de Monasterio. De estilo barroco, foi Igrexa de padroádego señorial, xa que na fachada neoclásica aparecen escudos de armas, no seu interior destaca un interesante retábulo do escultor noiés José A. Ferreiro Suárez, sepulcros dos seus fundadores e labras heráldicas dos mesmos. Está constituida por sillería isódoma de pranta rectangular e presbiterio máis elevado. A porta principal está enmarcada con pilastras e columnas de estilo dórico, con gran fuso de tríglifos e rosetas, arquitrabe e frontón. A torre é voluminosa, de pranta rectangular, con arcos de medio punto. Nos muros laterais amosa pilastras de pouco resalte, así como banda lisa horizontal con porta adintelada en frotón partido con blasón. 

         - PAZO DA CASA DE LÁNCARA (PAZO DOS CARDÓNIGA). Sito frente a Igrexa de San Martiño.Pazo dos Lancara

Data de finais do século XV (ano 1.480). Foi mandado construir polos nobles señores de Láncara, emparentados cos Pimenteles e cos Condes de Benavente. É de gran interese a sillería marcada polos canteiros. Ten na sua fachada unha interesante porta de arco de medio punto e decoración de bolas, na que aparece a data de 1.480. Na actualidade está en mal estado no seu interior e está dividido en duas vivendas. Está documentado que existe un erro aporlle ao Palacio de A Mezquita o nome de A Casa dos Láncara, debido a que os señores de Láncara chegan ao Pazo no ano 1830, e os escudos tanto da igrexa como do palacio datan do ano 1.480. 

         - CASA E PRAZA DE AUGUSTO ASSÍA. Casa onde naceu en 1.906 o escritor Felipe Fernández Armesto, máis coñecido por Augusto Assia. Corresponsal de periódico “La Vanguardia” e lector de literatura de Berlín e corresponsal noutras cidades do mundo como Londres, New Cork e Washington. Frente á casa está a Praza co seu nome que o Concello lle adicou.